Humanizando...

Por unha sanidade máis acolledora.

Asociación.

Presentámonos!

Somos unha asociación que apoia proxectos de humanización na área sanitaria de Ourense.

Por que Ourense?

Porque as características desta cidade (unha das provincias con maior dispersión poboacional, máis envellecidas e con maior índice de ingresos hospitalarios) son tan específicas que supuxeron que esta cidade, fóra o lugar designado para o proxecto de Hospitalización Innovadora enmarcado dentro do proxecto europeo H2050, que busca definir unha asistencia sanitaria europea para o ano 2050 MÁIS ACCESIBLE, EFICIENTE, CONFORTABLE E SEGURA que cumpra con estes tres obxectivos:


  • Aumentar a calidade de vida dos pacientes.
  • Aumentar a calidade na asistencia.
  • Aumentar o confort de pacientes, profesionais e familiares coa atención recibida e coa contorna.

E como se logran estes obxectivos?


  • Innovando na humanización.
  • Formando a pacientes e acompañantes.
  • Organizando actividades, talleres, etc.
  • Mellorando a accesibilidade.
  • Facilitando o acompañamento e voluntariado.
  • Entre outras moitas iniciativas…

Apúntaste?