Humanizando...

Gustaríanos contar contigo.
Nós colaboramos!

Eventos.

Non te perdas ningún!

Ata o 31 de xaneiro de 2022 |
Campaña de recollida de doazóns para alimentos

Campaña de recollida de doazóns para o banco de alimentos

¡Este Nadal, colaboramos tod@s! Dende o 01/12/2021 ao 31/01/2022 regresa a campaña solidaria que ten como fin conseguir fondos para unha compra de alimentos destinada ao Banco de Alimentos de Ourense. A campaña, con presenza nas Cafeterías Apetéceme de Ourense e redes sociais, busca a solidariedade de tod@s mediante donativos que se poden realizar nos seus petos viaxeiros, nos petos habilitados nas Cafeterías APeTéCeMe, ou a través de transferencia ao número de conta da entidade ES74 2100 2182 0202 00548127


Ata o 6 de xaneiro de 2021 |
Campaña de recollida de doazóns para alimentos

Campaña de recollida de doazóns para o banco de alimentos

Desde o 04/12/2020 ao 06/01/2021 estará vixente esta campaña que ten como fin conseguir fondos para unha compra de alimentos destinada ao Banco de Alimentos de Ourense, e paliar deste xeito a incipiente crise alimentaria xurdida por esta pandemia. A campaña con presenza nas Cafeterías APeTéCeMe de Ourense, e redes sociais, busca a solidariedade de todos mediante donativos nos petos habilitados nas Cafeterías APeTéCeMe, número de conta da entidade ES74 2100 2182 0202 00548127 ou a través de código BIZUM 01485


Campaña anual |
Recollida Solidaria de Contos e Libros para pacientes

Campaña Solidaria de Recollida de Contos e Libros para pacientes.

Organización de recollida solidaria de libros infantís e adultos para pacientes hospitalizados, para mellorar a estancia de pacientes e acompañantes durante o período de ingreso.Todo aquel que queira colaborar debe deixar os seus libros en Xefatura de Celadores ou Traballo Social do CHUO.

Achega por parte de Apetéceme de dous carriños para transporte dos mesmos polas habitacións.


Finalizada |
Campaña de Crowdfunding con Obra Social “La Caixa”

Campaña Crowdfunding Obra Social La Caixa

Do 22 de novembro ao 22 de decembro de 2019 estivo vixente unha campaña de financiamento colectivo ou micromecenado que funcionou como campaña de lanzamento da asociación, co obxectivo de dala a coñecer, captar socios, voluntarios, propostas e donativos, os cales foron duplicados pola fundación “A Caixa” en período de campaña.

Conseguimos unha recadación que axudará a mellorar e humanizar a área sanitaria de Ourense!


01 Decembro 2019 | Noticia en La Región
"Os voluntarios que queren humanizar os ingresos no CHUO"

Presentación asociación APeTéCeMe Ser Amigo da Área Sanitaria de Ourense

"A asociación busca voluntarios interesados en facer máis cálidas e próximas as hospitalizacións."


Ler noticia >>